Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concellería de Cultura presenta a programación da XI Mostra de Teatro Clásico de Lugo


# Martes, 18/01/2011
As representacións terán lugar no Auditorio Gustavo Freire entre o día 01 de febreiro e o xoves día 10 de febreiro ás 20.30 horas

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

As entradas poden adquirise dende hoxe, día 18 e ata o 31 de xaneiro a través de caixanova.es ou do teléfono 902.504.500

A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, presentou hoxe a XI edición da Mostra de Teatro Clásico de Lugo, que terá lugar dende o día 01 ata o 10 de febreiro no Auditorio Gustavo Freire.

Este ano abre a Mostra de Teatro Clásico de Lugo, o martes día 01 de febreiro, a obra “Ricardo III”, primeira traxedia e un dos grandes éxitos de Shakespeare. Nesta ocasión, e segundo sinalou a Concelleira de Cultura, a obra será representada pola recoñecida compañía andaluza Atalaya Teatro, unha representación que xa acadou o Premio Nacional de Teatro 2008.

O xoves, día 03 de febreiro, o Auditorio Gustavo Freire acollerá a actuación da compañía Talía Teatro coa representación de “Volpone”, unha comedia estreada en 1605, e considerada a obra máis famosa do autor inglés Ben Jonson.

O sábado 05 de febreiro será o turno de Teatro de la Abadía, que representará a obra “El Coloquio de los Perros”, de Miguel de Cervantes. O día seguinte, o domingo 06 de febreiro, a compañía Morboria Teatro presentará o clásico de William Shakespeare, “Sueño de una noche de verano”.

O martes, día 08 de febreiro, a Compañía Galiardo Producciones e Entrecajas, en coproducción co Centro Dramático Nacional, que segundo destacou Nuria Mundiña visita por primeira vez a cidade, presentarán unha adaptación de “El avaro”, de Moliére.

O Centro Dramático Galego, que non visitaba Lugo dende o ano 2008, será o encargado de pechar, o xoves día 10 de febreiro, a XI edición da Mostra de Teatro Clásico de Lugo coa obra de Oscar Wilde, Salomé, dirixida por Carlos Santiago.

Todas as funcións serán no Auditorio Gustavo Freire ás 20.30 horas. Este ano, e segundo explicou a Concelleira de Cultura, cada obra ten un prezo acorde ao caché das propias compañías teatrais. Segunda anunciou Nuria Mundiña, como en anos anteriores, haberá a opción de coller bonos para todas as funcións.


Venta anticipada de bonos e entradas

As entradas poden adquirise dende hoxe, día 18 e ata o 31 de xaneiro a través de caixanova.es ou do teléfono 902.504.500

A partir do 1 de febreiro venderanse no Auditorio Municipal Gustavo Freire desde unha hora antes do comezo de cada función.

As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso (desconto de 2 euros para persoas en paro, estudantes e xubilados).

Entradas:

Atalaya Teatro - Ricardo III (01 de febreiro):

- Zona A: 14 euros
- Zona B: 11 euros
- Zona C: 7 euros

Talía Teatro - Volpone (03 de febreiro):

- Zona A: 10 euros
- Zona B: 7 euros
- Zona C: 4 euros

Teatro de la Abadía - El coloquio de los perrros (05 de febreiro):

- Zona A: 14 euros
- Zona B: 11 euros
- Zona C: 7 euros

Morboria Teatro - El sueño de una noche de verano (06 de febreiro):

- Zona A: 14 euros
- Zona B: 11 euros
- Zona C: 7 euros

Compañía Galiardo Producciones y Entrecajas en coproducción con el Centro Dramático Nacional - El ávaro (08 de febreiro):

- Zona A: 20 euros
- Zona B: 15 euros
- Zona C: 10 euros

Centro Dramático Galego - Salomé (10 de febreiro):

- Zona A: 10 euros
- Zona B: 7 euros
- Zona C: 4 euros

Bonos para todas as representacións:

- Zona A: 50 euros
- Zona B: 38 euros
- Zona C: 27 euros



Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova