Cargando....
Concello de Lugo
10/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo presenta o seu novo videoblog que se enmarca na súa aposta polas novas tecnoloxías


# Martes, 18/01/2011
López Orozco pon en funcionamento un espazo na rede desde o que se conectará directamente coa cidadanía a través de diferentes vídeos

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Concelleira de Servizos Xerais salienta que máis de 30.000 persoas fixeron trámites administrativos a través da páxina web do Concello no ano 2010


O compromiso asumido coas novas tecnoloxías por José López Orozco, Alcalde de Lugo, é evidente, xa que foi un dos primeiros Alcaldes do noso país en contar coa súa propia bitácora que mantén e actualiza desde o ano 2006. Fiel a esta filosofía, Orozco, quixo dar un paso máis no uso das novas tecnoloxías e acaba de lanzar un videoblog persoal que se pode visitar na dirección www.jlorozco.com ou desde a propia páxina web do Concello www.lugo.es. Trátase dun espazo na Internet, innovador e vangardista, desde o que realizará periodicamente diferentes comunicacións en torno á cidade e ao seu proxecto para Lugo.

A través de cada un dos vídeos que se publiquen na plataforma, o Alcalde opinará e analizará en primeira persoa, diversos temas relacionados coa actualidade lucense. O deseño do videoblog adáptase e respecta o camiño xa iniciado en proxectos punteiros da administración electrónica. A páxina inclúe un apartado de enlaces (blogroll), un formulario de contacto e diferentes seccións relacionadas coa actividade persoal e profesional de Orozco.
Da mesma maneira, a páxina integra as principais redes sociais e plataformas de participación web 2.0 nas que José López Orozco tamén ten unha incesante actividade e presenza como Twitter, Facebook, Flickr ou YouTube.

Trátase dunha aposta, sen custe para o Concello de Lugo, que ten o obxectivo de seguir priorizando o uso das novas tecnoloxías nun plano de igualdade e con ánimo de participar da gran conversación que segundo a segundo se produce na rede.

Internet, como ferramenta para a comunicación, experimentou unha evolución moi significativa nos últimos anos, especialmente tras a eclosión de ferramentas como o vídeo ou os blogs que permiten compartir contidos de forma directa, inmediata e máis natural.

O usuario pasou a ser o protagonista desprazando de ese papel os contidos “pasivos” que poboaban o ciberespacio durante os primeiros anos. A participación activa do usuario ten a súa continuidade nas redes sociais, así como nos múltiples servizos dispoñibles na actualidade para publicar e compartir contido, tanto dende estacións de traballo como dende dispositivos móbiles.

Máis información:
Vídeoblog: www.jlorozco.com
Facebook: www.facebook.com/jose.lopezorozco
Cuenta en http://twitter.com/jlopezorozco
Galería en Flickr: www.flickr.com/photos/jlopezorozco
Canal en YouTube: www.youtube.com/joselopezorozco


Balance da páxina web do Concello

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presenta o balance do tráfico de usuarios da páxina web do Concello, que contou durante o ano 2010 con máis de 796.525 visitas. Estes internautas realizaron 4.820.232 cargas das distintas seccións e botóns cos que conta a web, do tráfico detectado máis do 44% eran de novas visitas. Estes datos veñen a demostrar que a páxina web do Concello segue sendo un referente para moitas persoas interesadas por Lugo.

Luisa Zarzuela salientou como un dos datos máis relevantes que máis de 30.000 persoas realizaron trámites administrativos desde a súa casa a través da web neste ano 2010. Estes datos veñen a avalar a aposta que desde o Concello se fai polas novas tecnoloxías e a mellora da calidade de vida que estas representan.

Aínda que unha grande parte das visitas do sitio web proceden de España, as estatísticas sinalan que recibe un número importante de consultas internacionais, cunha presenza de 108 países diferentes. Destacan países como Portugal, Arxentina e os Estados Unidos que son as que rexistran un tráfico superior, seguíndoas países como Francia, Alemaña, Reino Unido, Italia , México, Holanda e mesmo China ou Xapón.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova