Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Foro de Igualdade reclamará a Xunta de Galicia a posta en marcha do rexistro de familias monoparentais


# Martes, 18/01/2011
Dende o Foro de Igualdade solicítanse todos os medios necesarios para o Xulgado de Lugo que instrúe a chamada “Operación Carioca”

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, participou no día de hoxe nunha nova xuntanza do Foro de Igualdade na que se acordou reclamar a Xunta de Galicia a posta en marcha do rexistro de familias cun so pai ou nai, así como a intención do Foro de dirixirse á Fegamp para que apoie a creación de dito rexistro.

Ademais, o Foro de Igualdade pediu á administración competente que dote ao Xulgado de Instrución nº 1 de Lugo, que leva a cabo a chamada “Operación Carioca”, dos recursos humanos e materiais suficientes e axeitados para que poida rematarse coa investigación.

Por outra banda, o Foro de Igualdade acordou a celebración de xornadas técnicas no CEI sobre a elaboración de plans de igualdade dirixidos as empresas que traballan para o Concello así como a todas as empresas de Lugo que queiran asistir. Do mesmo xeito, conveniron o envío de recomendacións a todas as Concellerías para que nos pregos de contratación de empresas se inclúan como mellora para valorar todas as medidas de igualdade, acoso laboral, e cupos de discapacidades. Así, tamén acordouse solicitar á Femp e Fegamp que informe de como introducir ou como plantexar dende os Servizos Xurídicos a maneira de introducir nos pregos de contratación a valoración das medidas de igualdade por parte das empresas.

Por último, acordouse a adhesión á solicitude da “Asociación Enriqueta Otero, mulleres luguesas contra a violencia de xénero” para que o Foro de Igualdade manifeste o seu rexeitamento ao fenómeno da prostitución e a trata para que sexa tratado como un problema social grave e unha violación dos dereitos humanos, con consecuencias devastadoras tanto físicas como psicolóxicas para as mulleres que a padecen. Así como que se visibilice a figura do “cliente”, colaborador necesario para que este fenómeno teña lugar, rachando coa visión da prostitución como unha actividade “normal”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova