Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Primeira xuntanza dos alumnos seleccionados como Radares Xuvenís para o curso 2010-2011


# Xoves, 20/01/2011
O Alcalde de Lugo asistiu a primeira reunión da Concelleira de Xuventude cos doce alumnos seleccionados como Radares Xuvenís

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, participaron esta tarde na primeira xuntanza dos alumnos e alumnas elixidos como Radares Xuvenís para o presente curso académico 2010-2011.

Radares Xuvenís é un programa provido pola Concellería de Xuventude que ten como obxectivo principal coñecer máis a fondo as inquedanzas da xuventude da cidade, tratando de recompilar datos sobre os intereses e aficións que moven aos adolescentes, co fin de poder estruturar e programar actividades e recursos encamiñados a dar maiores e mellores respostas ás mesmas.

Os alumnos elixidos como Radares Xuvenís para o presente curso académico, un total de doce, 5 rapaces e 6 rapazas, foron seleccionados por unha comisión formada por tres persoas: un orientador designado polo centro educativo, unha persoa da Concellería de Xuventude, e unha persoa do programa Previlugo.

Para a elección dos Radares Xuvenís tivéronse en conta o escrito que tiveron que presentar alegando as razóns de interese por colaborar no proxecto, o curriculum vitae, as colaboracións con asociacións ou ONGs, as actividades extraescolares e a entrevista persoal. Finalmente, foron seleccionados:

1 alumno do San Xillao (16 anos)
1 alumna do Politécnico (16 anos)
1 alumna do Xoan Montes (16 anos)
1 alumno e 1 alumna do Ánxel Fole (13 e 16 anos)
1 alumno e 1 alumna de A Piringalla (14 e 21 anos)
1 alumna do Leiras Pulpeiro (15 anos)
1 alumno e 1 alumna do Lucus Augusti (16 e 13 anos)
1 alumno e 1 alumna de Nosa Señora dos Ollos Grandes (17 e 16 anos)



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova