Imprimir

DOUS BOMBEIROS INCORPÓRANSE AO PERSOAL DO CONCELLO DE LUGO


21/1/2011 Esta mañá, na Casa Consistorial de Lugo, dous bombeiros tomaron posesión das súas prazas, incorporáronse así ao plantel do Concello de Lugo.

Deste xeito, dende o Concello continúase a reforzar o persoal do corpo de bombeiros xa que con estas dúas incorporacións son un total de trece os bombeiros que entraron a formar parte do persoal de bombeiros en 2010 e 2011. Once deles accederon ao posto a través de consolidación de prazas. Os dous bombeiros que tomaron posesión esta mañá, accederon a través de oposición libre.