Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

45 desempregados participarán en tres novas accións formativas de Lugo Emprego Activo


# Venres, 21/01/2011


45 desempregados participarán en tres novas accións formativas de Lugo Emprego Activo, que organiza o Concello con financiamento municipal e do Fondo Social Europeo.

Os participantes nestes itinerarios personalizados de emprego percibirán unha beca de 400 euros ó mes.

O Concello vén de publicar as listas de admitidos e excluídos para realizar a selección das 45 persoas que formarán parte deste proxecto integral de inserción laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

As listas e as datas e lugar para realizar a entrevista pódense consultar no taboleiro de anuncios do Concello, en participación cidadá, chamando ó 010 ou ó Espazo>Lab 982 297 361 e tamén na páxina web www.lugo.es.

O proceso de selección dos participantes está previsto que comece o luns, día 31 de xaneiro.

Esta nova convocatoria de accións formativas de Lugo Emprego Activo tivo unha grande acollida, segundo informou a Concellería de Economía e Emprego que ten previsto levar a cabo máis accións formativas proximamente.

O orzamento total do proxecto Lugo Emprego Activo é de 2.352.766 euros dos que o 80%, 1.882.213 euros, proceden da aportación que lle concedeu ó Concello o Fondo Social Europeo e o restante 20%, 470.553 euros, achégao a institución municipal.

www.lugo.es/espazolab

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova