Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O vindeiro sábado Lugo acolle un curso para Árbitro de Natación Sincronizada


# Luns, 24/01/2011
O curso desenrolarase o sábado día 29 de xaneiro na Casa do Deporte e na Piscina Municipal de Frigsa

O vindeiro sábado, día 29 de xaneiro, Lugo acollerá un curso de formación de Árbitro de Natación Sincronizada Local, organizado pola FEGAN, o CN PortaMiñá e o Concello de Lugo. O curso será impartido por xuíces nacionais de Natación Sincronizada.

O horario do curso será de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas. Pola mañá será a parte teórica do curso, que se desenrolará no salón de actos da Casa do Deporte. Pola tarde será o turno das prácticas, que se levarán a cabo na Piscina Municipal de Frigsa, xunto coas nadadoras do equipo de sincronizada do CN PortaMiñá.

O custe do curso é gratuíto e dirixido a maiores de 18 anos. A licenza Federativa, necesaria para obter o certificado, é de 15 euros e pode abonarse ata o xoves 27 de xaneiro na oficina do Clube Natación PortaMiñá.

Máis información a través do teléfono 655.870.884, a través do correo electrónico cnportaminaarrobacnportamina.com, ou na páxina web www.cnportamina.com




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova