Imprimir

O VINDEIRO SÁBADO LUGO ACOLLE UN CURSO PARA ÁRBITRO DE NATACIÓN SINCRONIZADA


24/1/2011 O curso desenrolarase o sábado día 29 de xaneiro na Casa do Deporte e na Piscina Municipal de Frigsa

O vindeiro sábado, día 29 de xaneiro, Lugo acollerá un curso de formación de Árbitro de Natación Sincronizada Local, organizado pola FEGAN, o CN PortaMiñá e o Concello de Lugo. O curso será impartido por xuíces nacionais de Natación Sincronizada.

O horario do curso será de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas. Pola mañá será a parte teórica do curso, que se desenrolará no salón de actos da Casa do Deporte. Pola tarde será o turno das prácticas, que se levarán a cabo na Piscina Municipal de Frigsa, xunto coas nadadoras do equipo de sincronizada do CN PortaMiñá.

O custe do curso é gratuíto e dirixido a maiores de 18 anos. A licenza Federativa, necesaria para obter o certificado, é de 15 euros e pode abonarse ata o xoves 27 de xaneiro na oficina do Clube Natación PortaMiñá.

Máis información a través do teléfono 655.870.884, a través do correo electrónico cnportamina@cnportamina.com, ou na páxina web www.cnportamina.com