Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Copa do Mundo de Fútbol chega a Lugo


# Luns, 24/01/2011
O Alcalde de Lugo e outros membros da Corporación Municipal recibiron esta mañá a visita da Copa do Mundo de Fútbol na Casa Consistorial

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Copa do Mundo poderá verse hoxe entre as 10.45 e as 21.00 horas no Círculo das Artes de Lugo


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e outros membros da Corporación Municipal, recibiron esta mañá na Casa do Concello a Copa do Mundo de Fútbol na súa chegada a cidade.

O Alcalde mostrouse encantado e agradecido a Federación Española e Galega de Fútbol por achegar ata Lugo a Copa do Mundo. Unha oportunidade única, sinalou, para que todas e todos os lucenses poidan achegarse ata o Círculo das Artes, entre as 10.45 e as 21.00 horas de hoxe, e contemplar e fotografiarse coa Copa conseguida pola selección española de fútbol no pasado Mundial.

José López Orozco destacou que esta Copa é “unha magnífica representación do que é a loita, do que é o fútbol e do que é o traballo en equipo”.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova