Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concellería de Benestar Social e Igualdade continúa co programa de ocio saudable para xóvenes "Sábados +XTÍ"


# Martes, 25/01/2011


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Carmen Basadre, continúa coas actividades do programa de ocio saudable “Sábados +XTÍ”. Este programa está dirixido a rapaces e rapazas entre os 12 e 16 anos.

Dende o pasado 19 de setembro e ata o vindeiro 29 de maio, os mozos e mozas realizan actividades creativas e atractivas como música, baile, concertos, desfiles, concursos ou festas. As actividades realízanse os sábados entre as 18.00 e as 22.00 horas.

Para apuntarse, ou para obter máis información chamar ao teléfono do Concello 010 ou a través da páxina web www.lugo.es/prevenciondrogas





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova