Imprimir

A CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE CONTINÚA CO PROGRAMA DE OCIO SAUDABLE PARA XÓVENES "SÁBADOS +XTÍ"


25/1/2011

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Carmen Basadre, continúa coas actividades do programa de ocio saudable “Sábados +XTÍ”. Este programa está dirixido a rapaces e rapazas entre os 12 e 16 anos.

Dende o pasado 19 de setembro e ata o vindeiro 29 de maio, os mozos e mozas realizan actividades creativas e atractivas como música, baile, concertos, desfiles, concursos ou festas. As actividades realízanse os sábados entre as 18.00 e as 22.00 horas.

Para apuntarse, ou para obter máis información chamar ao teléfono do Concello 010 ou a través da páxina web www.lugo.es/prevenciondrogas