Imprimir

CONTINÚAN Á VENDA AS ENTRADAS PARA A MOSTRA DE TEATRO CLÁSICO


25/1/2011 As representacións desta XI edición da Mostra terán lugar no Auditorio Gustavo Freire entre o día 01 de febreiro e o xoves día 10 de febreiro ás 20.30 horas

As entradas e os bonos poden adquirise ata o luns 31 de xaneiro a través de caixanova.es ou do teléfono 902.504.500

Os bonos só poderán adquirirse a través do servizo de venda anticipada


Ata o vindeiro luns día 31 de xaneiro poderán adquirirse as entradas e bonos para as representacións da XI edición da Mostra de Teatro Clásico de Lugo, que este ano celebrarase dende o día 01 ata o 10 de febreiro no Auditorio Gustavo Freire.

As entradas e bonos (estes só poderán mercarse a través da venda anticipada) poden adquirirse ata o luns 31 de xaneiro a través de caixanova.es ou do teléfono 902.504.500

A partir do 1 de febreiro as entradas para cada función venderanse no Auditorio Municipal Gustavo Freire desde unha hora antes do comezo da representación.

As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso (desconto de 2 euros para persoas en paro, estudantes e xubilados).

Entradas:

Atalaya Teatro - Ricardo III (01 de febreiro):

- Zona A: 14 euros
- Zona B: 11 euros
- Zona C: 7 euros

Talía Teatro - Volpone (03 de febreiro):

- Zona A: 10 euros
- Zona B: 7 euros
- Zona C: 4 euros

Teatro de la Abadía - El coloquio de los perrros (05 de febreiro):

- Zona A: 14 euros
- Zona B: 11 euros
- Zona C: 7 euros

Morboria Teatro - El sueño de una noche de verano (06 de febreiro):

- Zona A: 14 euros
- Zona B: 11 euros
- Zona C: 7 euros

Compañía Galiardo Producciones y Entrecajas en coproducción con el Centro Dramático Nacional - El ávaro (08 de febreiro):

- Zona A: 20 euros
- Zona B: 15 euros
- Zona C: 10 euros

Centro Dramático Galego - Salomé (10 de febreiro):

- Zona A: 10 euros
- Zona B: 7 euros
- Zona C: 4 euros

Bonos para todas as representacións:

- Zona A: 50 euros
- Zona B: 38 euros
- Zona C: 27 euros