Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concellería de Benestar Social presenta o obradoiro de consumo responsable "Con sumo coidado"


# Mércores, 26/01/2011
O taller celebrarase o último sábado de cada mes en distintos centros culturais. O primeiro será o vindeiro día 29 de xaneiro no centro de A Milagrosa

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O obradoiro, realizado dende o Concello coa colaboración de A Cova da Terra, será impartido por Mundo Piruleta, e está dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, xunto con Clara Raposo, de A Cova da Terra, e dous membros de Mundo Piruleta, presentaron hoxe o obradoiro de consumo responsable “Con sumo coidado”, dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Carmen Basadre sinalou que dende o Concello colabórase nesta iniciativa coa asociación A Cova da Terra cunha campaña de sensibilización, neste caso de consumo responsable, dirixido a nenas e nenos de seis a doce anos. Segunda destacou a Concelleira esta “é unha actividade moi importante para inculcar aos rapaces, dende ben cativos, o que é consumir produtos sen intermediarios e elaborados, na súa maioría, por mulleres que viven en países de vías de desenvolvemento”.

Segunda explicou Clara Raposo, representante de A Cova da Terra, a actividade pretende chegar aos máis cativos a través de actividades lúdicas e de xogo, aprendendo dun xeito divertido e entretido como facer un consumo responsable. Ademais, indicou que todos aqueles que participen, poden levar un lapis de memoria para poder coller diverso material e poder continuar traballando en casa.

Mundo Piruleta será o encargado de desenrolar este obradoiro solidario, que se celebrará o último sábado de cada mes en distintos centros culturais da cidade e nos que participarán tamén os nenos que asisten as ociotecas. Así, o vindeiro sábado 29 de xaneiro, o obradoiro “Con sumo coidado” chegará ata o centro de A Milagrosa. O sábado 29 de febreiro será a quenda do centro de Fingoi. O 26 de marzo o taller chegará ata o centro Uxío Novoneyra. O sábado 30 de abril celebrarase no centro Maruja Mallo, e o sábado 28 de maio o obradoiro rematará no centro de Lamas de Prado. Todos eles serán en horario de 12.00 a 13.00 horas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova