Cargando....
Concello de Lugo
15/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Chega a Lugo a exposición itinerante da Obra Social La Caixa "Falemos de Drogas"


# Mércores, 26/01/2011
A mostra da Obra Social La Caixa poderá visitarse na Praza Horta do Seminario ata o vindeiro xoves día 3 de marzo

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Ata o de agora, máis de 437.773 persoas visitaron esta exposición itinerante

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, o Director da área de negocio de La Caixa, José M. Caamaño, e o Secretario Xeral da Fundación La Caixa, Lluís Reverter, presentaron esta mañá a exposición “Falemos de Drogas”, enmarcada no programa que a Obra Social La Caixa adica a prevención do consumo de drogas.

A exposición itinerante “Falemos de Drogas” estará na Praza Horta do Seminario ata o vindeiro 3 de marzo. Este programa ten como obxectivo sensibilizar e prever á xuventude ante as drogas, e o programa proposto dende La Caixa o fai dunha forma integral, ofrecendo recursos de información, orientación e formación as familias, a comunidade educativa, os profesionais da saúde e aos xóvenes. O programa “Falemos de drogas” foi galardoado, o pasado 8 de novembro, co Premio Reina Sofía contra as drogas, na categoría de Labor Social, por ser un proxecto de prevención baseado nos efectos das drogas no cerebro, na saúde e no comportamento das persoas.

O Alcalde agradeceu a Obra Social La Caixa a súa presenza de novo na cidade, e animou a toda a cidadanía a visitar esta exposición, “que axuda a coñecer o problema para así poder evitalo e tomar así unha decisión moito máis libre da vida de cadaquén”.


Exposición interactiva “Falemos de Drogas”

A exposición, enmarcada no programa da Obra Social La Caixa, invita a reflexionar arredor a unha serie de conceptos básicos sobre as drogas, dunha forma comprensible. Ademais, a mostra alerta sobre os riscos que leva asociado o seu consumo, e aporta información actualizada e elementos de xuízo para desenvolver unha actitude crítica ante as drogas. Trátase dun espazo que invita á reflexión para poder decidir dun xeito responsable. Ata o de agora, máis de 437.773 persoas visitaron esta mostra.

A exposición consta dun ámbito introdutorio e nove ámbitos modulares a través dos que, sucesivamente, identifícase, defínese, preséntase un análise e un diagnóstico da situación e se propoñen vías que fomenten a prevención.

As nove áreas nas que se divide esta mostra interactiva son:
plano detalle das áreas da exposición
Actividades presenciais “Falemos de Drogas” en Lugo

Unha visita guiada á exposición “Falemos de Drogas”, dirixida a estudantes de educación secundaria, permite profundidade nos seu contidos e traballar en grupo algúns dos seus temas principais: as drogas, a súa importancia social, os seus efectos sobre a saúde e a importancia da prevención.

Tamén haberá unha formación específica dirixida aos profesores de ciencias e bioloxía. O obxectivo é o de desenvolver unha unidade didáctica de prevención do consumo de drogas a partir do coñecemento da neurobioloxía da adicción e os efectos do consumo de drogas no cerebro e na saúde, cos estudantes de educación secundaria. Será no IES Lucus Augusti o día 26 de xaneiro as 16.00 horas.

As actividades rematarán cun debate có Dr. Rafael Maldonado e estudantes de educación secundaria que participaran na aula didáctica de neurobioloxía da adicción. Será o día 23 de marzo as 11.00 horas no Auditorio Gustavo Freire.

As inscricións para todas as actividades poden facerse a través do teléfono 902.999.327 ou a través do correo electrónico hablemosdedrogasarrobagrupbloc.net

A exposición poderá visitarse de luns a venres de 9.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas. Os sábados, domingos e festivos de 10.30 a 14.30 horas e de 16.30 a 21.30 horas.

As visitas guiadas á exposición serán de martes a sábado ás 19.30 horas e domingos e festivos ás 12.30 horas e as 19.30 horas.

www.lugo.es/prevenciondrogas



Mércores


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova