Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde preside a toma de posesión do novo Secretario Xeral do Concello, José Antonio Carro Asorey


# Mércores, 26/01/2011
López Orozco agradeceulle os servizos prestados ó anterior Secretario, Luis Regal Pavón que acaba de xubilarse

Imaxe Asociada

O Alcalde, José López Orozco, presidiu esta mañá o acto de toma de posesión do novo Secretario Xeral do Concello de Lugo, José Antonio Carro Asorey.

Carro Asorey prometeu o cargo de Secretario Xeral no que substitúe a Luis Regal Pavón, que estivo presente no acto e que acaba de xubilarse.

No acto, o Alcalde deulle a benvida ó Concello ó novo Secretario e díxolle que “vai servir a un Concello e unha cidade con moita historia”. Tamén lle desexou “os mellores dos éxitos neste cometido porque os seus éxito van ser de todos nós”.

Ademais, López Orozco aproveitou para agradecerlle os servizos prestados a Luis Regal Pavón, do que salientou “a súa longa traxectoria como funcionario público e o seu labor neste Concello, tempo no que deu claras mostras da súa honestidade no seu traballo ó servizo da cidadanía”.

O novo Secretario Xeral do Concello, José Antonio Carro Asorey, exercía o cargo con anterioridade no municipio de Sarria e incorpórase ó Concello de Lugo en comisión de servizos.

Datos biográficos

José Antonio Carro Asorey, de 40 anos de idade, pertence ó corpo de habilitados estatais, é licenciado en Dereito pola Universidade Autónoma de Madrid, técnico urbanista e directivo de Administración local. Desde outubro de 2007 preside o Colexio Oficial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Lugo.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova