Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Esta fin de semana darán comezo un curso de iniciación á maxia e un de iniciación ao teatro circense


# Mércores, 26/01/2011


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Carmen Basadre, porá en marcha esta fin de semana un curso de iniciación á maxia e outro ao teatro circense.

O curso de iniciación á maxia dará comezo este venres, día 28 de xaneiro, no Centro de Convivencia Maruja Mallo, e rematará o 27 de maio. As clases impartiranse os venres en horario de 19.30 a 21.00 horas. O número de prazas está limitado a 15, e o prazo de inscrición remata o mesmo venres, día 28 de xaneiro. O curso está dirixido a persoas de entre 13 e 30 anos.

O curso de iniciación ao teatro circense, que dará comezo o vindeiro sábado día 29 de xaneiro, impartirase os sábados pola mañá, en horario de 12.00 a 13.00 horas, no Centro de Convivencia Díaz de Castro de Lamas de Prado. O curso rematará o 28 de maio, e as prazas tamén están limitadas a 15. O prazo de inscrición remata o mesmo sábado 29 de xaneiro. As clases están dirixidas a persoas de entre 13 a 30 anos.

Para máis información, chamar ao teléfono do Concello 010




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova