Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Biblioteca Municipal acolle un novo programa de Animación á Lectura


# Mércores, 26/01/2011
A nova programación arrinca mañá co Obradoiro “Contando con imaxes”

Imaxe Asociada

A Biblioteca Municipal pon en marcha un novo programa de actividades de Animación á Lectura, que se desenvolverá ao longo de todo o ano. A nova programación está deseñada especialmente para os máis cativos, e busca fomentar o hábito da lectura a través de espectáculos de contacontos, obradoiros de monicreques, debuxo creativo ou de creación literaria, tratando así de fomentar o gusto polos libros e estimular a imaxinación dos máis pequenos.

Esta serie de actividades son gratuítas e celébranse todos os xoves ás 19:00 horas na Biblioteca Municipal. Debido á limitación do aforo (máximo 20 participantes) os pais que desexen asistir deben retirar as invitacións na mesma Biblioteca.

Mañá xoves, día 27 de xaneiro, arrinca a nova programación co Obradoiro “Contando con imaxes”, impartido pola ilustradora profesional Noemí López, e que achegará as nenas e nenos as técnicas de debuxo e deseño para ilustrar contos e para narrar as historias a través das imaxes.

Coñece a Biblioteca Municipal

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova