Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Un grupo de doce persoas que participan no obradoiro "Descubrindo Galicia" visitaron onte o Centro de Artesanía e Deseño


# Xoves, 27/01/2011
O grupo que participa no Obradoiro “Descubrindo Galicia” realizou unha visita á exposición do Centrad “Leonardo da Vinci e a Música”

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Dentro da programación de actividades de Animación Sociocultural para o período 2010-2011 organizadas polo Concello de Lugo, e dende a Área de Benestar Social e Igualdade do Centro de Convivencia Fingoi, encádrase o Obradoiro “Descubrindo Galicia”.

Como actividades complementarias véñense desenvolvendo varias saídas fóra do Centro ao longo do cuarto trimestre do pasado ano 2010 e no primeiro semestre do presente 2011 a diversos lugares de interese histórico e cultural da nosa cidade e arredores. Con elas preténdese, entre outros obxectivos, ademais de ampliar coñecementos sobre os contidos tratados no obradoiro: fomentar a convivencia entre os asistentes, aprender a valorar o noso patrimonio cultural, favorecer a relación e a comunicación intergrupal e potenciar a participación na actividade, facéndoa máis atractiva.

Onte, un grupo de doce persoas, acompañadas pola monitora da actividade “Descubrindo Galicia”, Alma Vanesa Ferreirós Prado, visitaron unha exposición do Centro de Artesanía e Deseño.

O Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) celebra o seu décimo quinto aniversario coa primeira exposición que recolle a relación de Leonardo Da Vinci coa música, realizada logo dun pioneiro e profundo traballo de investigación sobre os seus manuscritos, dos que se obteñen as liñas mestras para a confección dos 20 instrumentos musicais que tamén se expoñen.

Máis información: O CENTRAD celebra o seu 15º aniversario coa mostra internacional Leonardo da Vinci y la Música


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova