Cargando....
Concello de Lugo
07/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Os alumnos do Telecentro Rural de San Xoán do Campo recibirán mañá os seus diplomas


# Xoves, 27/01/2011
O Alcalde e a Concelleira de Servizos Xerais entregarán os diplomas a unha vintena de alumnos que participaron nun curso en San Xoán do Campo

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, entregaranlle os diplomas ás persoas que asistiron o curso que se impartiu no Telecentro Rural de San Xoán do Campo.

O acto terá lugar mañá venres, día 28 de xaneiro, ás 19.30 horas no Telecentro Rural de San Xoán do Campo, que está situado no Centro de Dinamización Social desta parroquia, e está prevista a asistencia dunha vintena de alumnos. A este curso asistiron veciños de San Xoán do Campo e de varias parroquias próximas.

Estes cursos están incluídos no Proxecto europeo PARNET-tic, que é un proxecto destinado ao fomento da sociedade da información nos territorios rurais, fomentando o acceso ás infraestruturas da comunicación e a sociedade da información. Este proxecto intégrase no programa de cooperación territorial “Espacio Sudoeste 2007-2013” da Unión Europea.

Programación Telecentros Rurais 2010/2011 (arquivo PDF)

Coñeza o proxecto PARNET-tic

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova