Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Desde hoxe volve estar instalado o miliario da praza de Armanyá


# Xoves, 27/01/2011
O Alcalde inspeccionou a colocación do monumento que lembra a importancia de Lucus Augusti na rede de calzadas romanas

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, asistiu hoxe ós traballos de colocación do miliario da praza de Armanyá que se volveu instalar no seu emprazamento orixinal. O monumento, contra o que colisionara un vehículo, foi recuperado e volve estar situado diante da Subdelegación do Goberno.

Os desperfectos que sufriu no accidente foron reparados e tamén se fixeron traballos para afortalalo.

O miliario é un monolito de dous metros e medio de alto e 60 centímetros de diámetro co que a cidade lembra a importancia que tivo Lucus Augusti na rede de calzadas romanas.

O monumento é un cilindro de bronce semellante ós que se empregaban na época romana para contar as millas das calzadas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova