Imprimir

DESDE HOXE VOLVE ESTAR INSTALADO O MILIARIO DA PRAZA DE ARMANYÁ


27/1/2011 O Alcalde inspeccionou a colocación do monumento que lembra a importancia de Lucus Augusti na rede de calzadas romanas

O Alcalde, José López Orozco, asistiu hoxe ós traballos de colocación do miliario da praza de Armanyá que se volveu instalar no seu emprazamento orixinal. O monumento, contra o que colisionara un vehículo, foi recuperado e volve estar situado diante da Subdelegación do Goberno.

Os desperfectos que sufriu no accidente foron reparados e tamén se fixeron traballos para afortalalo.

O miliario é un monolito de dous metros e medio de alto e 60 centímetros de diámetro co que a cidade lembra a importancia que tivo Lucus Augusti na rede de calzadas romanas.

O monumento é un cilindro de bronce semellante ós que se empregaban na época romana para contar as millas das calzadas.