Imprimir

O PROXECTO DE REHABILITACIÓN DO VELLO CÁRCERE XA TEN O VISTO E PRACE DE PATRIMONIO


27/1/2011 A concelleira de Economía anuncia que a primeira fase das obras licitarase en marzo

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, informou hoxe de que o proxecto de rehabilitación do vello cárcere xa conta coa aprobación da Comisión de Patrimonio da Xunta.

Sonia Méndez manifestou que a decisión de Patrimonio da Xunta supón “o pistoletazo para licitar a obra” e tamén anunciou que “a primeira fase do proxecto vaise licitar no mes de marzo”.

O proxecto que suporá a rehabilitación do edificio do vello cárcere, ocupado na actualidade pola Policía Local, suporá a súa transformación nun centro cultural.

Este proxecto forma parte do Plan Urban, que financian o Concello, a Deputación e a Unión Europea, e foi elaborado polo equipo de arquitectos Creus e Carrasco.

www.lugo.es/urban