Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Casa da Música acollerá catro novos cursos de formación musical


# Venres, 28/01/2011
Os cursos de guitarra, guitarra eléctrica, percusión e técnica vocal están dirixidos a persoas de 12 a 35 anos e serán do 14 de febreiro ao 30 de maio

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A inscrición pode facerse na Concellería de Xuventude ata o 10 de febreiro

A Concelleira de Xuventude presentou ademais as datas do Arde Lucus, que este ano celebrarase o 17, 18 e 19 de xuño


A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou hoxe catro novos cursos musicais que se desenvolverán na Casa da Música do 14 de febreiro ao 30 de maio.
Serán un curso de guitarra eléctrica, os luns de 18.00 a 19.30 horas, un curso de guitarra, os martes de 18.00 a 19.30 horas e de 19.30 horas a 21.00 horas, un
curso de percusión, os mércores de 18.00 a 19.30 horas e un curso de técnica vocal, que se impartirá os xoves de 18.00 a 19.30 horas. Os cursos están destinados a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos.

Segundo destacou a Concelleira, estes cursos pretenden promocionar unha formación musical sobretodo entre os máis novos e que “moitas veces non está ao alcance de todo o mundo polo seu elevado custo”. Ademais, destacou que é unha boa forma para promocionar a cultura musical “nun momento moi bo para os grupos de Lugo e da Casa da Música”.

Os cursos terán un custo simbólico de 8 euros en concepto de matrícula, e os instrumentos deberán aportalos os alumnos. As inscricións poden facerse na Concellería de Xuventude, en Quiroga Ballesteros s/n ata o xoves 10 de febreiro. Para máis información relacionada coa actividade, os interesados poden chamar ao teléfono do Concello 010 ou dirixirse á Oficina de Información Xuvenil.

Arde Lucus

A Concelleira de Xuventude tamén anunciou as datas de celebración da X edición do Arde Lucus. Segundo destacou Rosana Rielo, esta festa depende directamente de cando coincida a festividade do Corpus, que este ano ao celebrarse o último fin de semana do mes de xuño, fai adiantar respecto a anos anteriores a celebración do Arde Lucus, que este ano será os días 17, 18 e 19 de xuño.

www.ardelucus.com

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova