Imprimir

O CONCELLO SÚMASE ÓS ACTOS CONMEMORATIVOS DA FESTIVIDADE DE SANTO TOMÉ DE AQUINO ORGANIZADOS POLA USC


28/1/2011

O Alcalde, José López Orozco, asistiu este venres ó acto oficial co que a Universidade de Santiago conmemorou a festividade de Santo Tomé de Aquino, que tivo lugar na Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo.

O Alcalde e varios Concelleiros tomaron parte na celebración que presidiu o reitor da USC, Juan Casares Long, e na que pronunciou unha lección maxistral o profesor de Farmacoloxía Luis M. Botana López.

Deseguido, o reitor pronunciou o seu discurso que deu paso ó Coro Universitario para rematar a cerimonia.