Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A actividade de ocio educativo "Scacorum e Baúl Viaxeiro" arrinca esta fin de semana na Praza Maior


# Venres, 28/01/2011
Xadrez xigante, xadrez convencional ou o baúl viaxeiro, que promociona a lectura entre os máis mozos, serán as actividades que se levarán a cabo nas tardes dos domingos ata o mes de xuño

O obxectivo é ofrecer unha alternativa de ocio educativo e gratuíto, dirixida a todos los cidadáns de Lugo

A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, organiza un ano máis, en colaboración co xornal El Progreso, a Asociación Cultural Xaquedrum, e a Asociación Xuvenil Lugo Xadrez, “Scacorum e baúl viaxeiro”, unha actividade protagonizada polo xadrez e a lectura. As actividades encádrase no programa “Xadrez para todarrobas”, que están orientadas a ofrecer unha alternativa de ocio educativo tanto para pequenos como maiores. 

Como en anos anteriores repítese a cita dominical coa actividade do “Scacorum e o Baúl Viaxeiro” que convida a todos os lucenses a participar nos xogos do xadrez xigante, do xadrez convencional e do baúl viaxeiro, que promociona a lectura entre os mais mozos .

Estes xogos familiares se desenvolverán todos os domingos de xaneiro a xuño na Praza Maior de 16.30 a 18.30 horas e estarán guiados por dous monitores especializados. Esta actividade é gratuíta e non require inscrición previa. 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova