O obxectivo é ofrecer unha alternativa de ocio educativo e gratuíto, dirixida a todos los cidadáns de Lugo
A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, organiza un ano máis, en colaboración co xornal El Progreso, a Asociación Cultural Xaquedrum, e a Asociación Xuvenil Lugo Xadrez, “Scacorum e baúl viaxeiro”, unha actividade protagonizada polo xadrez e a lectura. As actividades encádrase no programa “Xadrez para tod@s”, que están orientadas a ofrecer unha alternativa de ocio educativo tanto para pequenos como maiores.
Como en anos anteriores repítese a cita dominical coa actividade do “Scacorum e o Baúl Viaxeiro” que convida a todos os lucenses a participar nos xogos do xadrez xigante, do xadrez convencional e do baúl viaxeiro, que promociona a lectura entre os mais mozos .
Estes xogos familiares se desenvolverán todos os domingos de xaneiro a xuño na Praza Maior de 16.30 a 18.30 horas e estarán guiados por dous monitores especializados. Esta actividade é gratuíta e non require inscrición previa.