Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello amosa a súa satisfacción pola contratación da pista de atletismo de Lugo acordada hoxe pola Deputación


# Luns, 31/01/2011
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, salienta a importancia desta nova infraestrutura deportiva coa que se completan as instalacions para a práctica dos distintos deportes

O Concello de Lugo amosou hoxe a súa satisfacción pola contratación da pista de atletismo que aprobou este venres a Xunta de Goberno da Deputación.
O Concelleiro de Deportes,José Manuel Díaz Grandío, indicou que “este proxecto é froito dunha demanda que lle fixera o Concello de Lugo á Deputación” e salientou que “con esta infraestrutura quedarán cubertas todas as necesidades para a práctica dos distintos deportes na cidade”.
Díaz Grandío tamén asegurou que o módulo cuberto de atletismo, que se localizará na zona das Pedreiras, “vai ser unha instalación de referencia en Galciia” e sinalou que con ela “os atletas e triatletas de Lugo van dispor dunha instalación para traballar mesmo nos meses de inverno”.
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres a contratación da obra de construción do módulo cuberto de atletismo de Lugo por un importe de 1.150.000 euros. A infraestrutura contará cun sistema de calefacción económica e medioambientalmente sostible, xa que irá conectado a unha caldeira de biomasa que será a que produza a enerxía necesaria para quentar os máis de 2.000 m2. En abril arrancarán as obras de construción, de xeito que antes do verán poderá estar rematado.

O voceiro provincial socialista, Antonio Gato, subliñou que a boa xestión do equipo de goberno fixo que, cos remanentes, se puidese impulsar esta iniciativa. “Hai que felicitarse por estas infraestrutura, que resposta a esa grande demanda dos atletas para poder realizar os seus adestramentos. A Deputación demostra que segue sendo útil á provincia e tamén ó deporte lucense”.

O Vicepresidente Primeiro, Antón Bao, subliñou que “é unha obra importante, querida e desexada polo atletismo lugués. Vai mellorar o desenvolvemento da práctica deportiva e converterase no mellor módulo cuberto non só de Galicia senón tamén do noroeste peninuslar. Era un compromiso da Área de Deportes”. A nova infraestrutura será apta para realizar adestramentos e para competir, xa que vai ser o módulo máis completo de toda Galicia, caracterizado pola absoluta modernidade, e supón o maior investimento feito pola Deputación en Atletismo. Cando se rematen os trámites está previsto que se homologue, sendo o único de toda a Comunidade que conte con estas características para algunhas competicións.

As probas que se levarán a cabo na nova infraestrutura serán concursos: saltos e lanzamento de peso, e probas de velocidade. Sitúase ó carón da pista existente o que supón un aforro en instalacións como vestiarios e almacéns, o que é todo un exemplo de modelo de xestión e complementariedade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova