O Alcalde manterá hoxe un encontro dixital cos internautas do Telecentro Rural de Santa María de Bóveda
# Luns, 31/01/2011
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, manterá este luns, dende a Casa Consistorial, un encontro dixital cos internautas e coas persoas que asisten o curso que se imparte no Telecentro Rural de Santa María de Bóveda, que lle poderán plantexar ao Alcalde todas as preguntas que crean convintes dende o propio Telecentro.
O Alcalde participará nestre encontro ás 18.00 horas coas persoas e internautas do Telecentro Rural de Santa María de Bóveda, que está situado no Centro de Dinamización Social desta parroquia, e está prevista a asistencia dunha vintena de alumnos. A este curso asisten veciños de Santa María de Bóveda e de varias parroquias próximas.
Estes cursos están incluídos no Proxecto europeo PARNET-tic, que é un proxecto destinado ao fomento da sociedade da información nos territorios rurais, fomentando o acceso ás infraestruturas da comunicación e a sociedade da información. Este proxecto intégrase no programa de cooperación territorial “Espacio Sudoeste 2007-2013” da Unión Europea.
Programación Telecentros Rurais 2010/2011 (arquivo PDF)
Coñeza o proxecto
PARNET-tic
Compartir: