Cargando....
Concello de Lugo
15/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello distribuirá 4.500 exemplares dunha nova edición da revista para pais e nais "Entre Lusco e Fusco"


# Luns, 31/01/2011
A revista repartirase este xoves e venres entre todos os colexios de primaria

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Esta quinta edición aborda temáticas de actualidade como os riscos da Internet ou a comunicación entre pais e fillos

O Servizo de Prevención de Drogodependencias, dependente da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre, presenta a quinta edición da revista para nais e pais pertencente ao Programa de Prevención Familiar “Entre Lusco e Fusco”.

O vindeiro xoves día 3 e o venres día 4 de febreiro repartiránse, entre todos os colexios de primaria e os que impartan primaria e ESO de Lugo, os 4.500 exemplares editados desta revista divulgativa.

Este ano, o Concello adica esta quinta edición da revista a temáticas de actualidade e interés para os pais e nais como son os riscos da Internet ou como falar e conseguir unha boa comunicación coas fillas e fillos. Ademais, a revista da a coñecer aos pais e nais o programa de ocio saudable para xóvenes “Sábados +XTÍ”. Unha serie de actividades creativas e atractivas como música, baile, concertos, desfiles, concursos o festas, dirixidas a rapaces e rapazas de 12 a 16 anos, e que realízase os sábados entre as 18.00 e as 22.00 horas.

Para obter máis información chamar ao teléfono do Concello 010 ou a través da páxina web www.lugo.es/prevenciondrogas


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova