Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A partir desta semana o Concello mandará notificacións ós propietarios de edificios que teñen que pasar a ITE


# Luns, 31/01/2011


O Concello empezará a mandar en breve as notificacións ós propietarios dos inmobles que deberán pasar este ano a inspección técnica de edificios.
Este ano terán que pasar a ITE todos os edificios construídos entre 1952 e 1965.
Segundo informou a Delegada de Urbanismo, María Novo, as comunicacións comezarán a enviarse este mesma semana.
Novo explicou que no escrito tamén se comunicará a existencia dunha liña de subvencións que se abrirá este ano para axudar ós propietarios con poucos recursos a facerlle fronte á ITE. As subvencións poderán chegar ata o 75% do custe da inspección.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova