Imprimir

A PARTIR DESTA SEMANA O CONCELLO MANDARÁ NOTIFICACIÓNS ÓS PROPIETARIOS DE EDIFICIOS QUE TEÑEN QUE PASAR A ITE


31/1/2011

O Concello empezará a mandar en breve as notificacións ós propietarios dos inmobles que deberán pasar este ano a inspección técnica de edificios.
Este ano terán que pasar a ITE todos os edificios construídos entre 1952 e 1965.
Segundo informou a Delegada de Urbanismo, María Novo, as comunicacións comezarán a enviarse este mesma semana.
Novo explicou que no escrito tamén se comunicará a existencia dunha liña de subvencións que se abrirá este ano para axudar ós propietarios con poucos recursos a facerlle fronte á ITE. As subvencións poderán chegar ata o 75% do custe da inspección.