Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Alumnos de 17 centros escolares de Lugo participan dende hoxe en obradoiros de Igualdade


# Luns, 31/01/2011
A Concellería de Benestar Social e Igualdade colabora nesta iniciativa co sindicato FETE-UGT

Os obradoiros “Educando en Igualdade” desenvolveranse nos centros escolares de Lugo ata o xoves 17 de marzo


A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Carmen Basadre, en colaboración co sindicato FETE-UGT, desenvolven a partir de hoxe en 17 centros escolares de Lugo, e ata o vindeiro 17 de marzo, o obradoiro “Educando en Igualdade”.

Os programas “Educando en Igualdade” pretenden que tanto o profesorado como o alumnado adquira valores de respeto, diversidade, identidade, igualdade ou tolerancia así como de coeducación, un pilar básico da educación nos valores.

Gloria Serrato, especialista en materia de igualdade e colaboradora habitual do Ministerio de Igualdade ou o Insituto da Muller, entre outras institucións, será a encargada de impartir os obradoiros tanto ao profesorado como o alumnado. Os mestres que participen neste obradoiro de formación en igualdade de doce horas, obterán un certificado de asistencia da Universidade de Santiago de Compostela.

Os obradorios comezan hoxe cunha xornada dirixida ao profesorado, que dará comezo as 17.30 horas no IES Politécnico, e onde está prevista a asistencia dun mestre do IES Lucus, outro do Ollos Grandes, dous do Politécnico e de Sanxillao e tres do Instituto das Mercedes. Mañá será o turno dos primeiros nenas e nenos do IES Lucus e do IES Ollos Grandes que xunto aos seus mestres participarán neste obradoiro de igualdade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova