Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O mércores quedará cortada ó tráfico a rúa de San Marcos que se vai transformar en peonil


# Martes, 01/02/2011
O proxecto, incluído no Plan Urban que financian Concello, Deputación e Unión Europea, suporá a creación dunha gran praza diante do Pazo Provincial

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Os Concelleiros de Tráfico, José Rábade, e de Economía, Sonia Méndez, anunciaron hoxe que o mércores, día 2, quedará cortada ó tráfico a rúa de San Marcos para continuar coas obras do proxecto de peonalización.
Este proxecto inclúese no Plan Urban, financiado polo Concello, a Deputación provincial e a Unión Europea, e vai supor, ademáis da transformación da rúa de San Marcos en peonil, a creación dun novo espazo do que poderán gozar os lucenses coa creación dunha gran praza diante do Pazo de San Marcos, así como a mellora dos calexóns existentes nos laterais da sede da institución provincial e mesmo a apertura ó público dos xardíns da Deputación.
José Rábade explicou que o corte de tráfico da rúa de San Marcos “supón unha nova fase nas obras deste proxecto e a duración prevista é de dous meses”. Inicialmente o corte de tráfico “faise para executar as obras e cando estas rematen a rúa será peonil, de xeito que só poderán circular por ela vehículos de residentes, taxis e servizos públicos de emerxencia”, segundo informou Rábade.
Tamén sinalou o Concelleiro de Tráfico que, nesta fase, manterase o paso de peóns polas beirarrúas e que os traballos executaranse “de xeito que afecten o menos posible ós comerciantes da zona”.
Rábade anunciou tamén que se vai instalar sinalización para informar ós condutores deste corte de tráfico e as seis liñas de buses que tiñan parada en San Marcos variarán o seu percorrido e terán parada na Ronda da Murall, á altura dos Sindicatos e na esquina coa Avenida da Coruña.
As liñas de buses afectadas son as seguintes:
- 1A Acea de Olga-Piringalla
- 3 Fingoi-Ramil
- 4 Tolda-Abella
- 6 Montirón-Residencia-A Cheda
- 7A As Gándaras-Cemiterio
- 8 Garabolos-Carqueixo.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova