Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comezan as obras de renovación do pavimento e instalación de canalizacións na rúa Nova


# Martes, 01/02/2011
O Alcalde visitou hoxe os traballos que se prolongarán durante tres meses e anunciou a renovación da ventana arqueolóxica dos restos da porta da Muralla

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, acompañado polos Concelleiros de Economía, Sonia Méndez, e Infraestruturas, José Piñeiro, visitou este luns as obras de mellora da rúa Nova que comezaron hoxe.
O proxecto consistirá na renovación dos adoquíns que estaban en mal estado e na instalación de canalizacións para os distintos servizos que permitirán soterrar os cableados que agora van polas fachadas dos edificións.
Para o Alcalde, “esta obra debe servir de modelo para toda a cidade, porque suporá a instalación de canalizacións para soterrar os cableados que agora están instalados polas fachada e agora negociaremos coas empresas telefónicas e de electricidade para que cambien os cableados”.
López Orozco salientou que “estas obras son necesarias porque a base sobre a que estaba sustentado o adoquín non estaba ben feita”.”Non se trata de renovar por renovar, senón que o facemos porque non tíña arranxo posible”, explicou o Alcalde e destacou que os traballos se fan “en total acordo cos comerciantes do lugar, o proxecto leva feito bastante tempo pero agardamos a que pasaran as festas do Nadal e as primeiras semanas das rebaixas para comezar as obras”.
O proxecto inclúese no proxecto Urban, que financian a Unión Europea, o Concello e a Deputación provincia, que achegará o 70% do orzamento e o 30% restante apórtao o Concello. O presuposto é de case 80.000 euros e o prazo de execución, de tres meses. Ós traballos fóronlle adxudicados á empresa Construccións Sanle Lugo.
O Alcalde destacou ademais que este proxecto ten aprobado desde o 5 de agosto o plan de control arqueolóxico e dixo que a preocupación do Concello polos restos arqueolóxicos demostrase cunha segunda actuación na rúa Nova como é a renovación da ventá arqueolóxica dos restos da porta da muralla.
Segundo explicou López Orozco, está previsto poñerlle un vidro que se poderá pisar o que permitirá eliminar a barandilla. Ademais, o Alcalde agracedeulle ós veciños dunha vivenda próxima que deran autorización para instalar no seu edificio unha cámara de seguridade para vixilar os restos e evitar así que se cometan actos vandálicos, como sucedeu noutras ocasións.
O presuposto desta actuación é de 5.664 euros e o prazo de execución é dun mes. A empresa encargada deste traballo é Asogal.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova