Cargando....
Concello de Lugo
10/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Entrega de diplomas e encontro dixital do Alcalde de Lugo nos telecentros rurais


# Martes, 01/02/2011


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, entregáronlles, o pasado venres 28 de xaneiro, os diplomas ás persoas que asistiron ao curso que se impartiu no Telecentro Rural de San Xoán do Campo e que organizou o Concello lucense dentro do Proxecto PARNET-tic.

Tamén o Alcalde de Lugo, José López Orozco, mantivo onte o seu encontro dixital mensual cos internautas e coas persoas que asisten ao curso que se imparte no Telecentro Rural de Santa María de Bóveda, que lle puideron formular ao Alcalde todas as preguntas que creron conveniente dende o propio Telecentro.

Estes actos tiveron lugar nos propios telecentros rurais, que están situados nos Centros de Dinamización Social destas dúas parroquias e asistiron unha vintena de alumnos a cada actividade. Nestes cursos participaron veciños de San Xoán do Campo e de Santa María de Bóveda, así como de varias parroquias próximas.

Os cursos están incluídos no Proxecto europeo PARNET-tic, que é un proxecto destinado ao fomento da sociedade da información nos territorios rurais, fomentando o acceso ás infraestruturas da comunicación e á sociedade da información. Este proxecto intégrase no programa de cooperación territorial "Espazo Sudoeste 2007-2013" da Unión Europea.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova