Cargando....
Concello de Lugo
22/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello colabora con Cogami nun curso sobre creación de plataformas de comercio electrónico que se imparte no CEI


# Martes, 01/02/2011
A Concelleira de Economía, que asistiu á inauguración do curso, denuncia a aniquilación dos pactos territoriais de emprego

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, inaugurou este martes un curso de Creación de plataformas de Comercio Electrónico, que organiza COGAMI, a Confederación Galega de persoas con discapacidade, en colaboración co Concello.
O curso impártese en instalacións do CEI e, segundo explicou a Concelleira de Economía, “trátase dunha nova colaboración que leva a cabo o Concello con COGAMI e con entidades que traballan cos colectivas que máis necesitan a súa integración social”.

Méndez anunciou que “desde o Concello imos seguir impulsando este tipo de proxectos e, de feito, xa temos solicitado outra edición do programa Lugo Contigo, que deu moi bos resultados en materia de inserción de persoas con discapacidade”.

Explicou tamén a Concelleira que o obxectivo do curso “é formar a persoas nunha profesión con moito futuro como son as relacionadas coas novas tecnoloxías”. Méndez explicou ademais que “desde o Centro de Empresas se lles prestará apoio ós participantes que queiran poñer en marcha un proxecto empresarial relacionado co comercio electrónico”.

Pactos polo emprego
Nas declaracións que fixo trala apertura do curso, a Concelleira de Economía e Emprego tamén denunciou “a aniquiliación pola Xunta dos pactos territoriais de emprego, unha iniciativa creada polo anterior Goberno galego, que naceron froito do diálogo social para deseñar políticas activas de emprego, desde o nivel local e de maneira conxunta. “

“Nun momento no que esas políticas son máis importantes que nunca, a Xunta decide desmantelar os pactos territoriais de emprego sen dar máis explicacións e sen buscar ningunha alternativa de futuro”, declarou a responsable municipal de Economía e Emprego. Méndez lembrou que “os pactos territoriais polo emprego son unha iniciativa que impulsa a UE, ó considerar que o local é o nivel máis acaído para o deseño destes programas de emprego”.

“Agora a Xunta os fai desaparecer, sen explicacións e sen anunciar nada sobre o seu futuro” sinalou a Concelleira de Economía e Emprego e asegurou que “o único que sabemos é que cinco técnicos cualificados, que desempeñaban unha importante labor de apoio ós concellos, van perder os seus postos de traballo, sen que a Xunta dea explicacións”.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova