Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concellería de Xuventude presenta tres novos cursos sociosanitarios


# Mércores, 02/02/2011
Os cursos, de primeiros auxilios, de socorrismo acuático e módulo de praias, e de desfribilación semiautomática externa, están dirixidos a rapazas e rapaces de 18 a 35 anos

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Os cursos celebraránse en horario de fin de semana e serán baremables en oposicións

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou hoxe tres novos cursos sociosanitarios: de primeiros auxilios, de socorrismo acuático e módulo de praias, e de desfibrilación semiautomática externa (DEA).

Os cursos, que xa teñen aberto o prazo de inscripción, desenvolveranse entre os meses de febreiro e maio. Según destacou a Concelleira “para que os participantes rematen a tempo de cara as futuras contratacións do periodo de verán”.

Rosana Rielo destacou a alta saída profesional destes cursos, e sinalou que “a práctica totalidade dos alumnos que fixeron o curso de socorrismo acuático, conseguiron un traballo”.

Curso de Primeiros Auxilios

O curso de Primeiros Auxilios terá unha duración de 20 horas teórico-prácticas, e desenvolverase o sábado 19 e domingo 20 de febreiro en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas. O número de prazas para este curso é de 30, e está destinado a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos.

O prazo de inscrición rematará o 16 de febreiro ás 19:00 horas. Para poder participar será necesario estar censado ou estudar ou traballar na cidade de Lugo. A matricula é de 30€ a ingresar antes do comezo do curso. Para a obtención do título será necesario a asistencia ó 90% das sesións do curso.

Curso de Socorrismo Acuático

O curso de Socorrismo Acuático desenvolverase os días 5, 6, 26 e 27 de marzo, 16 e 17 de abril, e 14 e 15 de maio en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.30 horas. O número de prazas é de 20, e curso terá unha duración de 80 horas teórico-prácticas. O curso está destinado a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos. O prazo de pre-inscrición estará aberto dende hoxe ata o 24 de febreiro ás 19:00 horas, e o coste da matrícula é de 60 euros.

Para a realización do curso será obrigatorio estar censado, ou no seu defecto estudar ou traballar na cidade de Lugo, e estar en posesión do título de primeiros auxilios. Todos os pre-inscritos deberán pasar unhas probas mínimas de natación determinadas pola asociación encargada de impartir o curso: 200 m. estilo libre en menos de 4,15 minutos e 25 metros de Apnea.

Curso de Desfibrilación Semiautomática Externa (DEA)

O curso de DEA terá unha duración de 8 horas teórico-prácticas, e desenvolverase o sábado día 28 de maio en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. O número de prazas é de 20, e está destinado a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 18 e 35 anos. Para acceder ao curso é necesario estar censado ou estudar o traballar na cidade de Lugo.

O prazo de inscrición estará aberto dende hoxe ata o día 25 de maio ás 19.00 horas. A matrícula para este curso é de 15 euros, que haberá que ingresar antes do comezo do curso.

Para máis información, os interesados poden chamar ó teléfono 982.297.496 ou dirixirse á Oficina de Información Xuvenil en horario de mañás das 10:00 ás 14:00 horas, e de tardes das 16:30 ás 19:00 horas de luns a venres.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova