Cargando....
Concello de Lugo
06/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta de Goberno aproba a convocatoria do servizo de mantemento do parque microinformático do Concello


# Mércores, 02/02/2011
O Concelleiro Lino González criticou que a Xunta manteña un “silencio sepulcral” sobre o futuro do Hospital Xeral e denunciou que os problemas de aparcamento na zona prodúcense pola improvisación do Sergas

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a apertura do procedemento de adxudicación dun servizo de mantemento do parque microinformático do Concello, segundo informou o Concelleiro de Medio Ambiente e Zona Rural, Lino González Dopeso. Trátase da contratación para actividades de consultoría informática e mantemento do equipo de tecnoloxía da información do Concello de Lugo, que inclúe todos os equipos existentes na actualidade nas instalacións municipais e nos edificios da zona rural. O orzamento previsto é de 60.000 euros.
Ademais a Xunta de Goberno Local acordou denegar a licenza solicitada para a demolición dun edificio na rúa Castelao trala resolución adoptada pola Xefatua Territorial da Consellería de Cultura que non autorizou as obras porque o edificio está situado nas proximidades dun ben incluído no Patrimonio Cultural de Galicia.

Lino González Dopeso deu conta dos acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local nunha rolda de prensa na que censurou o “silencio sepulcral da Xunta sobre o futuro do vello Hospital Xeral”.
“Ninguén sabe que van facer con el, hai un eficaz silencio sobre a sorte que vai correr xa que só prometeron poñer vixianza e seguro que esta desaparece despois das eleccións de maio”, dixo o Concelleiro para o que “a austeridade do Goberno galego consiste en non facer nada e que as solucións as busquen outros”. Tamén se preguntou González Dopeso “se a eficacia do alcaldable do PP é a mesma que demostra Feijóo co Hospital”.

Tocante ó aparcamento do HULA, Lino González indicou que “nós seguimos estando en contra de pagar por aparcar no Hospital” e asegurou que “é unha improvisación por parte do Sergas non ter valorado a cantidade de xente que se ten que desprazar alí ó trasladar tres hospitais e o centro de especialidades”.
“Grazas á xenerosidade do pobo de Lugo, ten finca e fica para habilitar máis prazas de aparcamento”, indicou o Concelleiro que tamén considerou “un derroche” a denuncia veciñal sobre o funcionamento da luz e a calefacción no Hospital de San Xosé, que leva máis dunha semana baleiro e aínda é propiedade do Sergas.
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova