Cargando....
Concello de Lugo
28/11/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concelleiro de Protección da Comunidade presenta o plan de reestruturación do tráfico na zona de Conde Fontao


# Xoves, 03/02/2011

Porase en marcha no prazo de quince días de xeito experimental
Rábade tamén anunciou que a semana que vén empezará o plan de pintura en rúas e pasos de peóns para mellorar a seguridade vial



Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, anunciou hoxe o plan de reestruturación de tráfico no entorno de Conde Fontao que se porá en marcha no prazo de quince días de xeito experimental.
O Concelleiro deu conta deste plan na xuntanza que celebrou hoxe a Comisión de Asuntos e Servizos Xerais.
Rábade explicou que o día 12 de xaneiro instaláronse cámaras de tráfico na zona de Casás, en Ramón Ferreiro con Marina Española, e, tamén, no cruce das rúas Castelao, Miguel de Cervantes, Montero Ríos, Fontiñas e Ponte da Estación.
A instalación desta última cámara, “permítenos variar as frecuencias dos semáforos desde a sala de tráfico e xa se notou unha mellora do tráfico nas horas punta”, segundo sinalou o Concelleiro.
“Agora queremos dar un paso máis aló e imos facer unha proba no prazo de quince días”, anunciou José Rábade e explicou que o obxectivo é “converter nunha gran rotonda a mazá formada por rúa Castelao, Miguel de Cervantes, Conde Fontao e Montero Ríos, de maneira que só quedaran como semáforos con ciclo o de Nicomedes Pastor Díaz con Miguel de Cervantes e o de Montero Ríos, o resto vanse poñer en ámbar e, se fora necesario, a demanda dos peóns”.
Tamén anunciou que “a primeira medida que queremos levar a cabo é desviar todo o tráfico que se dirixe a San Eufrasio, Castroverde, á Fonsagrada e ó Hospital pola rúa Alta e Conde Fontao e converter o último tramo de San Eufrasio ata Fontiñas en doble sentido de circulación”
Está previsto tamén que ó tráfico que entra pola Ponte da Estación se lle impida subir por Montero Ríos; a alternativa para os que se dirixan ó Ceao será por rúa Alta e o outro pola rúa Castelao, facendo de doble dirección o tramo de Miguel de Cervantes á escalinata da Estación.

Seguridade vial
O Concelleiro tamén informou de que a partir da vindeira semana empezará a executarse o plan de pintura dos pasos de peóns para mellorar a seguridade vial nas rúas da cidade. O plan de pintura, que xa ofi adxudicado abrangue 32 rúas e 61 pasos de peóns que se sumarán a outros 12 nos que traballará a brigada municipal.
Con esta actuación “a cidade vai quedar ben sinalizada”, indicou José Rábade.
Ademais deu conta de que se fixo un estudo para dar maior protección a algúns pasos de peóns, situados na Avenida de Madrid, que se vai protexer con bolardos, en Juana la Loca e Santo Grial.
Plan de Transporte Metropolitano
Outro dos temas dos que informou o Concelleiro na Comisión celebrada hoxe foi a sinatura do convenio coa Xunta para poñer en marcha o Plan de Transporte metropolitano, que empezará a funcionar no prazo de tres meses, se se cumpren as previsións anunciadas pola Xunta.
Rábade indicou que o Concello xa ten preparadas as canceladoras para os autobuses urbanos e anunciou que tres empresas de transporte de viaxeiros que dan servizo á Terra Chá e á Fonsagrada solicitaron poder facer parada no HULA. O responsable municipal de Transportes comunicou que o Concello autorizará esta petición pero as empresas non poderán recoller nin traer viaxeiros do Hospital a Lugo.
Cámaras de tráfico
Outro asunto que se tratou na Comisión foi o funcionamento das cámaras de regulación de tráfico na zona urbana e das instaladas no polígono do Ceao.
Ó respecto, o Concelleiro explicou que as cámaras de tráfico teñen denegado o permiso para gravar e no Ceao teñen autorización para gravar de 20.00 a 8.00 horas.
Rábade tamén indicou que se van facer melloras para evitar caídas de tensión e vanse repoñer dous postes que se quitaran no acceso das Gándaras e estase estudando a posibilidade de que as gravacións nocturnas en vez de facerse a puntos fixos poidan rotar, como pediron os empresarios do Ceao, algo que “faremos se é posible técnicamente”.
Plan de mobilidade
Respecto ó Plan de mobilidade, o Concelleiro de Protección da Comunidade indicou que se debe implantar co maior consenso e, no que se refire ás infraestruturas, para facer a Avenida da Coruña dunha sola dirección é necesario primeiro desdobrar Duquesa de Lugo para que teña dous carrís nos dous sentidos da circulación.
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova