Imprimir

A CONCELLERÍA DE CULTURA PRESENTA A VII EDICIÓN DE "FERRETES"


3/2/2011 Os traballos poderán presentarse ata o vindeiro luns día 28 de febreiro

A Concellería de Cultura, en colaboración coa asociación “Pepe Barreiro” de Lugo, e con motivo da celebración do próximo enterro da sardiña, o día 9 de marzo do 2011, convoca o 7º premio de Ferretes do Entroido 2011.

FERRETES: denomínanse así, ironicamente, as coplas ou versos que se recitan na praza Maior, ao rematar a procesión do Enterro da Sardiña. O contido dos versos debe ter unha boa carga crítica, sobre todo da actividade municipal, pero sempre dentro do respecto, a elegancia e a corrección.

Os traballos deberán estar redactados en galego (o estribillo terá que ser unha estrofa de catro versos heptasílabos e os ferretes recitados, como mínimo de catro e máximo de seis), e terán que facer referencia a acontecementos de actualidade, preferentemente referidos á nosa cidade de Lugo e a Galicia.

Os traballos deberán entregaranse na Delegación de Cultura do Concello de Lugo antes das 14.00 horas do día 28 de febreiro de 2011, nun sobre dirixido á asociación Pepe Barreiro, no que figurará como remitente un pseudónimo, e no seu interior, outro sobre co nome, enderezo, e teléfono de contacto.

O ditame do concurso correrá a cargo da xunta directiva da asociación “Pepe Barreiro”.

Os premios estarán dotados con:

Estribillo 150 €
1º Premio 100 €
2º Premio 50 €
3º Premio 30 €
17 Premios cada un de 10 €

O enterro da sardiña sairá do Círculo das Artes o mércores día 9 de marzo ás 20.00 horas. Os ensaios para o “canto patético”, que se cantará durante o percorrido da procesión do enterro da sardiña, será no Salón Rexio do Círculo das Artes os días 10 e 21 de febreiro e 3 de marzo ás 20.00 horas.