Cargando....
Concello de Lugo
05/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Os "Radares Xuvenís" asistirán mañá venres a un curso de creación e xestión de blogs


# Xoves, 03/02/2011


A Concellería de Xuventude, que dirixe Rosana Rielo, organiza para mañá venres, día 04 de febreiro, na aula de informática do Espazo Lab do Concello de Lugo, en horario de 16.00 a 18.00 horas, un curso de creación e xestión de blogs para os “Radares Xuvenís”.

“Radares Xuvenís” é un proxecto que leva catro anos de andadura, no curso 2010/11, os/as “Radares” son doce mozos e mozas de sete institutos da cidade, elixidos por unha comisión formada dende a Concellería de Xuventude.

Este programa ten coma principais obxectivos o coñecemento máis a fondo das inquedanzas da xuventude da cidade, tratando de recompilar datos sobre os intereses e aficións que moven aos adolescentes, co fin de poder estruturar e programar actividades e recursos. “Radares Xuvenís” pretende potenciar a participación xuvenil, concienciar sobre a importancia da mesma e involucrar aos distintos colectivos xuvenís nas posibles actividades e actuacións propostas pola Concellería de Xuventude.

“Radares Xuvenís”  foi recentemente subvencionado pola Unión Europea a través da liña de axudas “Juventud en Acción” por un importe de 32.555 euros.

Para a liña de subvencións “Juventud en Acción”, presentáronse 24 propostas, das que foron seleccionadas catro, unha delas a de Lugo, que foi a que acadou o maior importe presupostario. Este programa conta con socios europeos nas cidades de Mesâo Frio (Portugal) e Alessandría (Italia). A Unión Europea e o Goberno de España avalan un proxecto que conta tamén coa participación da Fundación TIC.










Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova