Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Presentado o proxecto de acondicionamento de 23 espazos nos nós da rede de estradas do Estado ó seu paso por Lugo


# Xoves, 03/02/2011
O Alcalde expresou a súa preocupación polo paro e salientou a necesidade de colaboración entre institucións para facerlle fronte a este problema

Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, presentaron hoxe as actuacións que se levarán a cabo para acondicionar os espazos existentes nos nós da rede de estradas do Estado dentro do término municipal de Lugo.
O proxecto será executado polo Ministerio de Fomento, tal como establece o convenio que asinaron o Alcalde e o Ministro José Blanco, no que tamén se acordou que o Concello farase cargo da conservación e mantemento dos espazos unha vez acondicionados.
Para o Alcalde de Lugo a cooperación entre institucións é unha forma para atallar o problema do paro, un problema sobre o que quixo “expresar a miña preocupación como Alcalde e como cidadán”.
“É un problema que nos afecta a todos”, dixo López Orozco e engadiu que as administracións “temos que ter presente o paro como problema prioritario e fundamental”. Neste sentido, o Alcalde apostou pola colaboración entre administracións para facer obras coas que “axudaremos a que as empresas estean activas e os desempregados atopen traballo”.
O presuposto do proxecto de adecuación dos espazos dos nós existentes na rede de estradas do Estado dentro do término municipal de Lugo é de 1.674.518 euros e o prazo de execución será de 18 meses. O prazo para a presentación de ofertas rematou onte. O seguinte paso será o día 23 cando se producirá a apertura das ofertas técnicas e o día 16 de marzo abriranse as ofertas económicas.
A actuación afecta a 23 espazos situados na Autovía do Noroeste e nas estradas N-VI, N-640, a estrada de Asturias, e na N-540, a estrada de Santiago. Son terreos do contorno dos viais emprazados no perímetro urbano de Lugo, como os situados entre ramais dos enlaces, no centro das glorietas e nas interseccións.
O Alcalde explicou que as obras comezarán co movemento de terras para acondicionar estes espazos e logo farase a prantación de árbores ou arbustos que se elixirán tendo en conta as especies que deron mellor resultado e tamén que o seu porte non dificulte a circulación de vehículos altos nin a visibilidade dos sinais.

A relación das actuacións é a seguinte:
1.-Isletas no enlace da N-540, de Lugo a Portugal por Ourense (Estrada Nova de Santiago) coa LU-232 (estrada Vella de Santiago ou de Friol).
2.-Área de descanso (mirador Maruja Mallo) na N-540 fronte á área recreativa en Monte Segade-Orbazai.
3.-Isletas no nó viario da N-VI (Madrid-A Coruña) coa N-540 e Avda. das Américas e Avda. Breogán da cidade de Lugo.
4.-Isletas no enlace da N-VI coa N-543 (Estrada Vella de Santiago, ponte Romana) e a rúa Santiago.
5.-Nó viario da N-VI coa Avda de Madrid.
6.-Glorieta e isletas anexas na confluencia da N-VI cos viais de servizo na intersección coa estrada LU-2910 a Bosende.
7.-Glorieta e isletas na confluencia da N-VI cos seus viais de servizo na intersección coa estrada LU-2904 a Páramo.
8.-Isletas en Nadela na confluencia da N-VI coa estrada LU-546 (de Nadela a Monforte).
9.-Glorieta na intersección da N-VI coa autovía A-6 (saída 488, acceso Sur á cidade) a Estrada LU-546 e o corredor A-6-Sarria, en Nadela.
10.-Isletas na saída 493 da autovía A-6 en direccióna Lugo (acceso Este: Novo Hospital-Ronda das Fontiñas) pola estrada LU-530 de Castroverde e Fonsagrada.
11.-Isletas no enlace da autovía A-6 (saída 497) coa N-640 de Vegadeo ó Porto de Vilagarcía de Arousa.
12.-Glorieta na intersección da N-640 co acceso a Muxa-A Campiña.
13.-Glorieta na N-640 no seu encontro coa Ronda Nortee viais laterais de servizo.
14.-Glorieta na N-640 (Avda. Carlos Azcárraga) enlazando coas rúas Castelao e Serra de Meira, sobre o parque do Sagrado Corazón.
15.-Glorieta na Ronda Norte no su encontro coa Calzada de As Gándaras e estrada de Piñeiro.
16.-Glorieta na Ronda Norte na intersección co acceso Sur ó Polígono Industrial do Ceao e o barrio de Albeiros.
17.-Glorieta na Ronda Norte na intersección co acceso á Avda. Infanta Elena e o barrio de Albeiros.
18.-Mediana na Ronda Norte no tramo de encontro coa glorieta axardinada do arranque da Avda. da Coruña.
19.-Isletas no enlace da N-VI coa Avda. de Garabolos da cidade e acceso ó lugar de Meilán.
20.-Isletas no enlace da N-VI coa Avda. da Coruña (Garabolos, fronte ó Parque de Bombeiros).
21.-Glorieta na N-VI sobre un paso inferior na intersección de acceso ó Polígono Industrial do Ceao (Avda. Benigno Rivera, de enlace coa A-6).
22.-Isletas no enlace da Avda. Benigno Rivera (acceso á A-6 polo Polígono Industrial do Ceao) coa estrada a Pías (LU-3907).
23.-Isletas no enlace da autovía A-6 co Polígono do Ceao (saída 500, acceso Norte á cidade) pola Avda. Benigno Rivera.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova