Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 2.000 persoas optan ós postos de traballo que financia a Deputación no Concello de Lugo


# Venres, 04/02/2011
A lista provisional de admitidos no Plan Lugo Emprega publicarase a semana que vén no BOP

Máis de 2.000 persoas optan ós postos de traballo do Plan Lugo Emprega no Concello de Lugo.
O Concello poderá crear 62 postos de traballo grazas a este Plan que financia a Deputación provincial. Cos 800.000 euros que recibirá o Concello do Plan Lugo Emprega vai contratar 62 desempregados durante seis meses para os seguintes postos de traballo: 42 de peóns, 5 de auxiliares administrativos, 4 de ordenanzas, 3 de técnicos medios, 3 de dinamizadores, 3 de especialistas informáticos e 2 de delineantes.
O número de solicitudes presentadas foi de 2.123, das que foron admitidas 2.034 e excluídas 89.
A lista provisional de admitidos será publicado a semana que vén no Boletín Oficial da Provincia. Logo abrirase un prazo de dez días para subsanar erros. A continuación efectuarase a publicación da lista definitiva de admitidos e fixarase a data para a primeira proba.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova