Cargando....
Concello de Lugo
20/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Gran satisfacción dos participantes nas I Xornadas Gastronómicas


# Venres, 04/02/2011
As Xornadas desenvolveránse ata o domingo 27 de febreiro en trinta establecementos da cidade


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concelleiro de Turismo tamén deu a coñecer a vindeira contratación para a realización dun spot de promoción turística de Lugo

O Concelleiro de Turismo e Deportes, José Manuel Díaz Grandío, deu a coñecer hoxe un primeiro balance das Primeiras Xornadas Gastronómicas de Lugo que organiza o Concello de Lugo xunto coa Deputación Provincial, a Asociación Provincial de Hostaleiros e Asociación de Industrias Elaboradoras Galegas de Agricultura Ecolóxica.

Según destacou o Concelleiro, o primeiro balance das Xornadas, elaborado cos datos obtidos de 1.000 enquisas que os participantes depositaron nas urnas, resulta moi positivo. Se ben hai que ter en conta que non todos os participantes cubren as enquisas, éstas dan unha idea do grao de satisfacción dos participantes.

Facendo unha media de todos os parámetros solicitados, e según sinalou Díaz Grandío, o 90% de media amosa a súa satisfacción en todos os aspectos a valorar. Entre outros datos salientables, destacar que o 96% mostrou a súa satisfacción pola limpeza dos locais, o 85% deu as máximas puntuación posibles aos menús ofertados, e o 96% destacou profesionalidade do persoal.
As primeiras Xornadas Gastronómicas de Lugo desenvolveránse ata o vindeiro domingo 27 de febreiro. Os participantes, un total de 30 establecementos da cidade, ofertan un menú que consta de 1º prato, 2º prato, pan e postre, e que ten un prezo de entre 12 e 30 euros.

Listado participantes

Abrente, Arrocería Os Cachivaches, Cafetería Restaurante As Muxicas, Cafetería Restaurante O Pazo, Cafetería Xoldra, Cervecería Baco, Cervecería Restaurante A Fábrica, Curmans, Curruncho A Nosa Terra, Estrella Lugo, Humia 1303, Mesón A Rebola, Mesón Colón, Mesón Viñoteca Lubre, O Lar de Adrián, Pulpería O Castelo, Restaurante Antas de Ulla, Restaurante Campos, Restaurante España, Restaurante La Barra, Restaurante Manuel Manuel, Restaurante Mesón de Alberto, Restaurante O Cincuenta e seis, Restaurante Paprica, Restaurante Parrillada Antonio, Restaurante Parrillada Savoy, Rincón de Santos, Taberna Daniel, Taberna España y Tosar.


Audiovisual de promoción Turística de Lugo

O Concelleiro de Turismo tamén deu a coñecer unha nova contratación, publicada onte no Boletín Oficial da Provncial, para un servizo consistente na realización da creatividade, produción e edición dun audiovisual de promoción turística de Lugo e a planificación e compra de medios para a súa difusión.

Según destacou Díaz Grandío, o obxetivo é “facernos máis coñecidos e posicionarnos mellor no mercado nacional turístico, incidindo no mercado galego e nas comunidades máis próximas”.

A data límite de presentación é de 15 días naturais a partir de hoxe. Este proxecto conta coa co-financiación da Secretaría de Estado de Turismo do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio do Goberno de España, e ten un orzamento máximo de 170.000 euros.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova