Imprimir

O ALCALDE ASISTIU Ó ACTO DE APERTURA DE DOUS NOVOS TRAMOS DA AUTOVÍA DO CANTÁBRICO


4/2/2011 López Orozco acompañou ó Ministro de Fomento na apertura dos tramos Barreiros-Vilamar e Vilamar-Lourenzá que melloran as comunicacións de Lugo coa Mariña

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañou este venres ó Ministro de Fomento, José Blanco no acto de posta en servizo dos tramos Barreiros-Vilamar e Vilamar-Lourenzá da Autovía do Cantábrico (A-8). O acto tivo lugar esta tarde en Barreiros.
O Ministerio de Fomento adicou case 88 millóns de euros á construcción destes dous tramos de autovía que teñen unha lonxitude total de 9,2 kilómetros.
Coa apertura dos dous novos tramos xa están en servizo 53,4 kilómetros da A-8 en Galicia, o que supón o 62,3% do trazado.
O treito Barreiros-Vilamar ten 4,6 kilómetros e supuxo un investimento de 45,5 millóns de euros. Coa posta en servizo deste treito elimínase o trazado máis vello da N-634 en Galicia e o que tiña os treitos coas peores curvas, e evítanse tres treitos de concentración de concentración de accidentes. Ademais, soportaba o tráfico de orredor de 10.000 vehículos diarios.
O treito Vilamar-Lourenzá, tamén de 4,6 kilómetros de lonxitude, supuxo un investimento de 42,2 millóns de euros.
Coa construcción da Autovía A-8 do Cantábrico preténdese canalizar o importante tráfico de longo e medio percorrido que circula polo norte de España desde Galicia ata o País Vasco, abrindo unha nova vía segura, moderna e efeicaz para as comunicacións nacionais e internacionais, e sustituíndo a actual N-634.
Esta é unha infraestrutura clave para a conexión de Lugo e de Galicia coas redes transeuropeas de transporte e a cornixa cantábrica. Todo o trazado galego discorre pola provincia de Lugo. A Autovía do Cantábrico conecta en Baamonde coa A-6, que comunica con Lugo, A Coruña e Madrid, e, a través da AP-9, con Santiago, Pontevedra, Vigo e Portugal. E tamén facilita a conexión co Ferrol a través da autovía autonómica AG-64 Ferrol-Vilalba.