Imprimir

A NOVA PONTE SOBRE O RÍO MIÑO ABRIRASE O 24 DE XUÑO, NOVE MESES ANTES DO PREVISTO


5/2/2011 * O Alcalde e o Ministro de Fomento visitaron as obras da nova ponte
* Fomento tamén se fará cargo da rehabilitación da ponte romana

O Alcalde, José López Orozco, e o Ministro de Fomento, José Blanco, realizaron hoxe unha visita ás obras da nova ponte sobre o Río Miño para comprobar o gran avance nas mesmas.

O Ministro de Fomento anunciou que a nova ponte abrirase o 24 de xuño, nove meses antes do previsto, xa que o prazo de execución das obras era de 30 meses. José Blanco tamén anunciou que e Fomento se fará cargo da rehabilitación da ponte romana, a través dos fondos do 1% cultural do Ministerio que dirixe, para que todos os lucenses poidan disfrutar del e comunicou que as obras da avenida de Madrid estarán rematadas a mediados de marzo e en marzo ou abril comezará o arranxo das rotondas.

A nova ponte sobre o Miño mellorará a accesibilidade ó casco urbano desde o suroeste da cidade, substituíndo nesta función á antiga ponte romana que soportaba altas intensidades de tráfico (12.000 vehículos ó día).

As obras comezaron en 2009 e o Ministerio Fomento adicou máis de 27 millóns de euros á construción desta infraestrutura para Lugo.

No marco desta actuación, ademais da nova ponte sobre o Miño, estanse construíndo os viais necesarios para conectar a actual circunvalación (N-VI) coas estrada do sur da cidade. Concretamente, a estrada de Portomarín (LU-612), coa que conecta á altura do nacemento do Regato Chousa da Fonte e a antiga estrada de Santiago (N-543), coa que conecta á altura do acceso ó Policlínico Lucense, dando acceso ó barrio da Ponte.

Con estas conexións abriranse novas saídas da cidade cara a futura Autovía A-54 de Lugo a Santiago, actualmente en fase de execución.

A lonxitude total da nova ponte é de 195 metros, nos que se distinguen dous treitos. O primeiro é un vano principal metálico de 95 metros de lonxitude sobre o cauce do río Miño, cunha tipoloxía estrutural de arco parabólico con taboleiro inferior. O segundo treito, de 100 metros de lonxitude, é un viaduto de acceso á ponte arco, cun esquema estrutural tipo viga-caixón de tres vanos de 33,3 metros de luz cada un e cuxa función principal é minimizar a ocupación dos terreos na ladeira do río, dotando dunha permeabilidade adecuada á zona.

A sección transversal do taboleiro presenta dúas calzadas separadas por mediana cun ancho total da sección de 24,10 metros no treito recto da ponte, na que se aloxan beirarrúas nas dúas marxes de 2,10 metros. No treito en arco, que cruza o Miño, a sección transversal ampliouse ata os 26,30 metros, para dispor de beirarrúas de maior anchura con mobiliario urbano.

No vial de conexión coa estrada autonómica LU-612 a Portomarín, proxectouse un viaduto de 108 metros de lonxitude para salvar o cauce do Regato Chousa da Fonte, que remata nunha glorieta na confluencia coa estrada de Portomarín.

No vial de conexión coa antiga estrada de Santiago (N-543) proxectouse un paso inferior para permitir a permeabilidade transversal ás fincas colindantes. Este vial finaliza nunha intersección con la debantida estrada.

O enlace da nova ponte coa estrada N-VI resolveuse mediante un enlace de tipo diamante con glorieta superior, conectado mediante catro ramais coa N-VI. Os dous ramais do lado do río discorren sobre estruturas de 108 e 125 metros de lonxitude, a efectos de mellorar a integración visual e ambiental da obra, mentres que os outros dous ramais do lado da cidade proxéctanse apoiados sobre un muro e a propia ladera.

Os ramais da beira do río están dotados de beirarrúas de 2,10 metros para permitir o acceso peonil á ponte desde o Parque do Miño.

A obra está cofinanciada a través dos fondos FEDER da Unión Europea.

Vídeo Nova Ponte sobre o Miño