Imprimir

O ALCALDE RECIBE A ALUMNOS DUN MÁSTER DA USC


5/2/2011

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá no Concello a un grupo de alumnos dun máster de Ciencias da Familia que imparte en Santiago a USC.

O Alcalde deulles a benvida a Lugo ó grupo de 47 universitarios procedentes de diferentes países como Chile, Arxentina, México, Paragui ou Alemaña que cursan este máster na USC.

López Orozco salientou a débeda que ten Galicia cos países de América e Europa que acolleron ós emigrantes galegos durante o século pasado e destacou tamén a importancia da educación.