Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As taquillas do Auditorio Gustavo Freire abrirán dúas horas antes do comezo das funcións na XI Mostra de Teatro Clásico de Lugo


# Luns, 07/02/2011


Imaxe Asociada
Mañá martes, día 08 de febreiro, a Mostra de Teatro Clásico de Lugo achega ata o Auditorio Gustavo Freire unha adaptación de “El avaro”, de Moliére, a cargo da Compañía Galiardo Producciones e Entrecajas, en coproducción co Centro Dramático Nacional, que visita por primeira vez a cidade.

O Centro Dramático Galego, que non visitaba Lugo dende o ano 2008, será o encargado de pechar, o xoves día 10 de febreiro, a XI edición da Mostra de Teatro Clásico de Lugo coa obra de Oscar Wilde, Salomé, dirixida por Carlos Santiago.

As dúas obras serán as 20.30 horas, e as taquillas para mercar as entradas permanecerán abertas dúas horas antes da función, dende as 18.30 horas.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova