Imprimir

AS TAQUILLAS DO AUDITORIO GUSTAVO FREIRE ABRIRÁN DÚAS HORAS ANTES DO COMEZO DAS FUNCIÓNS NA XI MOSTRA DE TEATRO CLÁSICO DE LUGO


7/2/2011

Mañá martes, día 08 de febreiro, a Mostra de Teatro Clásico de Lugo achega ata o Auditorio Gustavo Freire unha adaptación de “El avaro”, de Moliére, a cargo da Compañía Galiardo Producciones e Entrecajas, en coproducción co Centro Dramático Nacional, que visita por primeira vez a cidade.

O Centro Dramático Galego, que non visitaba Lugo dende o ano 2008, será o encargado de pechar, o xoves día 10 de febreiro, a XI edición da Mostra de Teatro Clásico de Lugo coa obra de Oscar Wilde, Salomé, dirixida por Carlos Santiago.

As dúas obras serán as 20.30 horas, e as taquillas para mercar as entradas permanecerán abertas dúas horas antes da función, dende as 18.30 horas.