Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo aproba unha moción na defensa de Novacaixagalicia


# Luns, 07/02/2011


O Pleno do Concello de Lugo aprobou hoxe por unanimidade unha moción na defensa de Novacaixagalicia.

O Alcalde manifestou que “imos defender a existencia de Novacaixagalicia e temos argumentos para defendela porque superou o test de estrés europeo con bos niveis de solvencia”. O Alcalde indicou que “estamos ante un tema moi importante para Galicia” e preguntouse “se superamos o test de estrés europeo, se somos a novena entidade financeira e a sexta caixa ¿por que se nos quere someter a este auténtico estrés?”.

A moción reclama que se garanta o mantemento da Caixa Pública, solicita do Goberno do Estado a reconsideración do denominado Plan de reforzamento do sector financeiro no que atinxe ás caixas de aforro, reclama da Xunta que defenda as competencias estatutarias de Galicia; tamén expresa o compromiso inequívoco en manter o vixente modelo de caixas de aforro, con vocación social e vinculación territorial, e demandar dos Gobernos central e galego que faciliten a existencia de Novacaixagalicia e, por último, solicita ás autoridades económicas o recoñecemento dos saneamentos de activos na valoración da solvencia comparativa entre entidades e un calendario alcanzable para o tránsido ó novo modelo común que se impoña.

O acordo consensuado polos grupos políticos de Lugo é semellante ó que aprobou recentemente o Concello da Coruña.

A corporación municipal tamén aprobou por unanimidade a ordenanza reguladora do Fogar do Transeúnte.



Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova